Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Islandia, terra de glaciares

  • 17.10.07
  • Islandia é un país de glaciares. Aproximadamente o 11% dos seus 100.000 km2 de superficie está cuberto por glaciares.

    Sólheimajökull ocupa o sueste da plataforma glaciar coñecida como Mýrdalsjökull, unha das máis extensas de Europa.

    A súa situación, no seo dunha rexión volcánica intensamente activa, convérteo nun lugar único, no que o xeo azul é salpicado constantemente de cinza volcánica.

    O xeo acada en Sólheimajökull unha profundidade de 600 metros nalgúns puntos. A sensación de camiñar sobre un profundo río glaciar, entre a paisaxe volcánica, sorteando gretas infinitas por onde discorre auga purísima dun desxeo milenario, produce unha fascinación difícil de describir.

    Quizais dentro duns anos esta experiencia xa non será posible; un estudo realizado por xeólogos da universidade de Reykjavik indica que, de manterse o ritmo actual no incremento das temperaturas, os glaciares desaparecerán de Islandia en menos de 500 anos.

    IMG_3076

    Glaciar Islandia

    Glaciar Islandia

    Texto e fotografías: Noemí Iglesias

    1 comentarios:

    Stephen rowan dixo...

    Thanks for sharing this best stuff with us! Keep sharing! I am new in the blog writing.All types blogs and posts are not helpful for the readers.Here the author is giving good thoughts and suggestions to each and every readers through this article.Quality of the content is the main element of the blog and this is the way of writing and presenting.Waiting for again wonderful blogs or posts.Writer @ custom essay writing service

    Real Time Web Analytics