Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

O triunfo da solidariedade

  • 22.11.07
  • Prestige EFE-Alberto Estévez

    Unha exposición organizada pola Axencia EFE en Galicia, coa colaboración das consellerías de Medio Ambiente e Pesca da Xunta de Galicia.
    Pode verse no Centro Tecnolóxico do Mar, en Vigo.

    Cinco anos despois da traxedia do Prestige, as fotografías daqueles homes e mulleres enfundados nos seus monos brancos tiznados de fuel constitúen un dos documentos gráficos máis impresionantes do fotoperiodismo ambiental dos últimos anos.

    Emilio Lavandeira, Xoán Alvarez Rey, J. Manuel Torrecilla, Salvador Sas, David Castro, José Mauriz, Rosa Veiga, J.L. Cereijido, Alberto Estévez, Alberto Morante, Miguel Riopa, Esteban Cobo e Alfredo Aldai asinan as obras desta exposición.

    Prestige EFE-Lavandeira jr



















    A primeira das imaxes corresponde a un voluntario na praia da Pedriña de Muxía, foi realizada por Alberto Estévez (EFE).
    A segunda das fotografías recolle un grupo de mariñeiros na costa da illa de Ons, o autor é Lavandeira jr (EFE).

    Máis información sobre a exposición en infoecología e na web da axencia EFE.
    O Ateneo Fotográfico manifesta o agradecemento a Arturo Larena pola súa colaboración.
    Real Time Web Analytics