Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Outono fotográfico 2008

  • 8.11.08
  • Na edición deste ano do Outono fotográfico, destacan os catálogos "Retratos", "Reportaxe" e "Outras miradas".
    Coa colaboración de Benito Losada, director do certame, vou facer unha pequena mostra de autores e imaxes.

    De Ruth Beltrán, temos a obra "Orango, nenos rindo". Orango é unha illa situada a 38 millas da costa de Guinea-Bissau. Ruth naceu en Tui (Pontevedra), realizou o ciclo superior de fotografía artística na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense; participou en múltiples exposicións.

    De Ricardo França, a imaxe "Illa". Ricardo naceu en Lisboa en 1973 e comezou na fotografía nos primeiros anos de estudo de arquitectura. Especializouse en fotografía documental. Na súa páxina web, hai fotos de Marrocos, Perú, China, Filipinas, India, Nepal, entre outros países.

    En terceiro lugar, "O abandono" de Bernard Muller, francés de Essonne. Fai as súa primeiras fotografías aos 10 anos. Coa súa obra, manifesta a súa sensibilidade social (Je suis très sensible aux rapports sociaux, fasciné par la façon dont ils agissent sur notre environnement et notre quotidien, troublé par leur action sur nos projets et même nos désirs). Participou recentemente en exposicións en Francia e Portugal.

    E finalmente, Héctor Guzmán. Naceu en Morelia (México) en 1968. Profesor de fotografía analóxica e dixital. Tomou parte en múltiples exposicións colectivas e individuais de obra fotográfica en México e España.

    Na organización e difusión das actividades do Outono fotográfico participan múltiples institucións e asociacións, que están coordinadas pola Casa da Xuventude de Ourense.

    Autora: Ruth Beltrán - Título: "Orango, nenos rindo" - Colección: Outono Fotográfico 2008

    Autor: Ricardo França - Título: Illa - Colección: Outono Fotográfico 2008

    Autor: Bernard Muller - Título:L'abandon - Colección: Outono Fotográfico 2008

    Autor: Héctor Guzmán (Colección: Outono Fotográfico 2008)

    2 comentarios:

    Anónimo dixo...

    Qué fotos!

    Dende logo, paga a pena visitar a web de Bernard Muller.

    Saúdos!

    Graciela Bello dixo...

    Qué fotos increíbles!!!!
    La de la escuela me encantó, es una imagen surrealista.
    Gracias por tu mensaje!
    Cariños,
    Graciela.

    Real Time Web Analytics