Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

A vida oculta da auga

  • 10.1.09
  • Antonio Guillén Oterino agasallanos cunha fermosa reportaxe dos seus traballos de microfotografía. O Ateneo Fotográfico publicou, hai un ano, unha obra súa, gañadora do premio nacional de fotografía científica.
    Antonio é un ecólogo, doutor en bioloxía e catedrático de ciencias naturais. Percorre montañas e zonas semidesérticas, para descubrir novas paisaxes. Unha das súas paixóns é contemplar e retratar o marabilloso mundo microscópico.
    Do seu proxecto, recollemos unha colección de algas unicelulares.
    A primeira é a Staurastrum arctiscon, que habita en augas de montaña; nesta ocasión procede da "Laguna Negra", de Soria.
    En segundo lugar, Netrium interruptum, vive en augas de turbeiras; recollida no "Ibón de Batisielles", en Huesca.
    A continuación, Euastrum oblongum, tamén de augas de turbeiras; procede da "Laguna de los Peces", da Alta Sanabria.
    Finalmente, Pediastrum boryanum, asociación de algas unicelulares en forma de estrela; tomada no encoro de Santillana, nas proximidades de Manzanares el Real.

    Enlaces para coñecer máis detalles: Exposición, galería en Flickr.
    Escala, nas imaxes hai unha referencia equivalente a 20 micras (milésimas de milímetro).

    STAURASTRUM ARCTISCON



    NETRIUM INTERRUPTUM



    EUASTRUM OBLONGUM



    PEDIASTRUM BORYANUM
    Real Time Web Analytics