Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Ceo e terra

  • 10.11.13
  • Hoxe agasállovos con dúas imaxes publicadas pola NASA.

    Na primeira, os ceos en calma sobre tres océanos, Índico, Pacífico e Atlántico.
    Trátase dunha composición de fotografías de satélite tomadas o día 8 de setembro.
    Nese momento, os ceos estaban bastante cubertos de nubes, pero non había furacáns, ciclóns ou tormentas tropicais sobre os tres océanos.

    Image Credit: NASA Earth Observatory image by Jesse Allen, using VIIRS data from the Suomi National Polar-orbiting Partnership. Suomi NPP is the result of a partnership between NASA, the National Oceanic and Atmospheric Administration, and the Department of Defense.
    Caption Credit: Michael Carlowicz.
    Instrument: Suomi NPP – VIIRS

    A segunda composición fotográfica realizouna Fefo Bouvier no solpor, tamén do 8 de setembro.
    No centro da imaxe, a illa de San Gabriel (Uruguai) e á esquerda, ao fondo, as luces de Bos Aires.
    No ceo, a lúa con Venus e Spica, un pouco máis lonxe.

    Máis imaxes deste fotógrafo e artista na súa web: fefobouvier.com

    Tres océanos con ceos en calma (8 set. 2013) A lúa, Venus e o planeta Terra (imaxe do día NASA 19 set. 2013)

    0 comentarios:

    Real Time Web Analytics