Concurso artístico de fotografía científica.
O prazo da segunda edición remata o 3 de marzo de 2014. Participa!
O certame está organizado por un colectivo de científicos e investigadores universitarios, apoiados por educaBarrié da Fundación Barrié, Campus Vida da Universidade de Santiago e o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago.
Toda a información na web oficial: investigarte.es
Imaxes destacadas da primeira edición:
- En primeiro lugar, Rodaballo X, na categoría Investigadores, Macrociencia. O autor é Jorge Hernández Uceda, do departamento de Ecoloxía e Diversidade Mariña, do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Radiografía dun rodaballo de 11 meses de idade.
- A continuación, Retina on fire, na categoría Investigadores, Microciencia. Autor: Xesús M. Abalo Piñeiro, de Uppsala University, Suecia. A fotografía representa unha sección radial dunha retina dun peixe cebra adulto. A liña de investigación trata de usar o peixe como modelo para a determinación de mecanismos moleculares causantes de certo tipo de deficiencias visuais.
- Finalmente, Punto de apoio, imaxe premiada na categoría Centros Educativos, Ilustración. Autora: Clara Martín Jiménez, de 4º ESO, do I.E.S. As Lagoas, de Ourense.
O esqueleto é o sostén do noso corpo. Os ósos dos pés soportan todo o peso e poden sufrir lesións.
O esqueleto é o sostén do noso corpo. Os ósos dos pés soportan todo o peso e poden sufrir lesións.
0 comentarios:
Publicar un comentario