A cuarta edición galega do Fórum Gastronómico celebrouse na Coruña, cun rotundo éxito.
Entre as múltiples imaxes, quero destacar aos mestres Juan Mari Arzak e Jordi Roca.
Nos ateneos e talleres, interviron moitos profesionais. Manuel Gago presentou a Javier Olleros, do Culler de pau, que fixo tres pratos moi entroncados coa terra e o mar (terceira e cuarta fotografías). Estivo acompañado por Adelina, unha horticultora que mima cada planta.
Unha vez máis, entregáronse os premios Picadillo e realizáronse talleres de cociña infantil e xuvenil.
Nesta edición tamén participou Óscar de Toro, experto en elaboración de cafés.
E para pechar esta breve colección de retratos, unha pequena homenaxe ás persoas que difunden os coñecementos e as imaxes do Fórum. En primeiro lugar, unha xornalista dunha axencia en plena faena, no seu particular centro de traballo. En segundo lugar, Xurxo Lobato, a quen fotografiei no auditorio. Unha escolma das súas obras pode contemplarse la web oficial do Fórum Gastronómico da Coruña.
1 comentarios:
لعمال والفنيون الذين يقومون بنقل الأثاث واحترافية الأمتعة لديهم ما يكفي تجربة لتمكينهم من نقل الأثاث والأثاث باحتراف كبير دون التعرض للأثاث وأي نوع من المخاطر
شركة نقل عفش
شركة نقل عفش من الرياض الى الاردن
شركة نقل اثاث من الرياض الى الاردن
شركة نقل عفش بخميس مشيط
Publicar un comentario