Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

PHOTOESPAÑA 2014

  • 1.6.14
  • Do 4 de xuño ao 27 de xullo, PHotoEspaña 2014 fai unha homenaxe á fotografía española con máis dun centenar de exposicións de 440 artistas.

    Entre as múltiples exposicións, a Fundación Banco Santander presenta no Círculo de Bellas Artes tres exposicións itinerantes do pasado, presente e futuro da fotografía española. Josep Renau . The American Way of Life, comisariada por Josep Vicent Monzó contribúe a difundir a obra dunha figura destacada da fotomontaxe e o cartelismo, a partir dunha serie que denuncia o imperialismo norteamericano e o seu estilo de vida. O colectivo La Palangana é obxecto dunha revisión comisariada por José María Parreño, con obras de Cantero, Cualladó, de Guzmán, Dolcet, Gómez, Gordillo, Masats, Ontañón, Rubio, Camín e Vielba. Por último, Joan Fontcuberta comisaría Fotografía 2.0, unha exposición que reúne vinte artistas contemporáneos que interpretan criticamente as transformacións da fotografía española nun contexto de produción masiva de imaxes, globalización e poscapitalismo.

    Toda a información na web oficial do Festival inernacional de fotografía e artes visuais: phe.es

    Imaxes:

    1.- Josep Renau. "Señorita Bistec de Chicago". Da serie "Estido de vida americano", 18, c. 1960? 1966.
    Cortesía de IVAM, Institut Valencià d' Art Modern, Generalitat. Depósito Fundación Renau, Valencia.
    2.- © Francisco Ontañón. "Integrantes de la Palangana". Cortesía Galería Arte Sonado.
    3.- © Manuel Fernández. "BG Paintings", 2014.

    american way of life La Palangana fotografía 2.0

    0 comentarios:

    Real Time Web Analytics