Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Lagos de Saliencia

  • 18.12.16
  • Desde Saliencia (Parque Natural de Somiedo - Asturias) chegamos ao Alto da Farrapona ou Collada de Balbarán, lugar de paso ao municipio leonés de San Emiliano.
    Iniciamos aquí o camiño a pé. Despois dunha suave baixada de aproximadamente un quilómetro aparece o Lago de La Cueva (segunda imaxe).
    Nesta paraxe son aínda evidentes as cicatrices producidas no terreo pola explotación de ferro da mina de Santa Rita, actualmente abandonada.
    O itinerario continúa pola antiga pista da mina. Máis arriba, ábrese o horizonte e queda á vista a espléndida pradería de Cerveriz (imaxe terceira), e o lago do mesmo nome, ao abrigo do Albo oriental, cos seus 2.109 metros.
    O camiño prosegue en dirección sueste para descubrir finalmente o gran Lago de Calabazosa (quinta fotografía), que é o maior dos tres. Ocupa a depresión dunha dolina escavada por disolución da calcaria e impermeabilizada despois polo depósito de sedimentos glaciares.

    Tras retroceder ata Cerveriz, podemos observar a impresionante veiga de Camayor de suaves pastos subalpinos.
    Paga a pena subir aos Bígaros e contemplar a imaxe panorámica do Val de Saliencia e os montes de Somiedo (última fotografía).  

    En homenaxe a Carlos Magariños, Fernando Arca e Pablo Viqueira. 
     
    Somiedo - Lagos e Val de Saliencia Lado de La Cueva Lago de Cerveriz Indicador Lagos de Saliencia Lago Calazosa - Negro Valle de Saliencia desde Los Bígaros

    4 comentarios:

    Graciela Bello dixo...

    Hermosas fotos de lugares increíbles!
    Felicidades!

    Antonio dixo...

    Los paisajes son maravillosos y las fotos que has sacado recogen su belleza. Las panorámicas que has hecho de los Lagos son magníficas, tanto que ya estoy pensando cómo organizarme para volver a acercarme otra vez a ellos. Enhorabuena y gracias por compartir este trabajo.

    Unknown dixo...


    شركة مكافحة صراصير بالخبر وافضل شركة مكافحة صراصير بالمدينة المنورة
    شركة مكافحة صراصير بالدمام
    افضل شركة مكافحة صراصير بالقطيف

    ahmed dixo...

    The house cleaning company in Jeddah has the best group of workers and cleaning technicians. This team is not assigned randomlyشركة النجوم لخدمات التنظيف
    شركة تنظيف خزانات بالطائف
    شركة تنظيف بالطائف
    شركة تنظيف شقق بالطائف

    Real Time Web Analytics