Na bocana da ría de Arousa, o arquipélago de Sálvora está composto pola illa principal e os illotes de Vionta, Con de Noro, Herbosa, Rúa, Insuabela, Gaboteira, as Sagres e as Forcadiñas.
Na parte norte da illa, hai unha aldea abandonada, que conserva en pé as súas casas e cortes.
O faro inaugurouse en decembro de 1921, ano do naufraxio do Santa Isabel. No rescaste dos náufragos colaboraron catro mulleres, as heroínas de Sálvora, María Fernández, Cipriana Oujo, Josefa Parada e Cipriana Crujeiras.
Un dos proxectos do Parque das Illas Atlánticas é recuperar a vella fábrica de salazón e facer un museo.
Sálvora é un agasallo para os sentidos, un lugar telúrico.
Imaxes:
1.- Sálvora e ría de Arousa
2.- Serea e Con de Noro
3.- Aldea
4.- Fonte de Santa Catalina
5.- Faro
6.- Gaivotas
7.- Flores de Armeria maritima
1 comentarios:
Wonderful site and I wanted to post a note to let you know, ""Good job""! I’m glad I found this blog. Brilliant and wonderful job ! Your blog site has presented me most of the strategies which I like. Thanks for sharing this.
@ thesis writing service
Publicar un comentario