A reedición das "Obras Maestras" de Chema Madoz coincide coa exposición La naturaleza de las cosas, incluída na sección oficial de PHotoEspaña 2017, que poderá visitarse ata o 10 de setembro na Sala de Exposicións da Escola de Arte José María Cruz, de Cuenca.
La Fábrica presenta unha nova edición revisada e ampliada que conta con máis de 300 fotografías, 21 delas novas, realizadas nos anos 90 por este autor madrileño, un dos principais fotógrafos españois contemporáneos.
Chema Madoz é historiador da arte, premio nacional de fotografía e premio PHotoEspaña no ano 2000. A súa obra está cargada de surrealismo e poesía visual. Os obxectos nunca son o que parecen, ou parecen o que non son.
Imaxes copyright Chema Madoz - La Fábrica
Toda a información das exposicións de PHotoEspaña pode buscarse na súa web oficial.
0 comentarios:
Publicar un comentario