A Ruta Máxica de Oia (Pontevedra) percorre polo monte as parroquias de Pedornes, Viladesuso e Mougás.
As seis comunidades de montes do concello xuntáronse na asociación Costa dos Castros para traballar na preservación e promoción do patrimonio arqueolóxico.
Este sendeiro está cheo de castros e miradoiros. E, por suposto, petróglifos, algúns identificados e outros por descubrir.
Entre ladeiras, atopamos o bosque mediterráneo máis occidental de Europa, as Sobreiras do Faro, un tesouro que pertence á Comunidade de Montes en man común de Viladesuso.
Imaxes:
1.- Mapa da Ruta Máxica de Oia. Inclúe o Camiño de Santiago, pola costa.
2.- Sobreiras do Faro.
3.- Petróglifo da Cabeciña e vista da costa de Oia.
4.- Rochas do castro da Cabeciña.
5.- Visión nocturna do barco mediterráneo do Viveiro, petróglifo único no seu xénero en Galicia. Auga dos Cebros. Pedornes.
2 comentarios:
Grazas por esas fotos bel'isimas e inspiradoras, e por esa ruta que sen d'ubida disfrutarei.
pop over here Dior Dolabuy moved here Chloe Dolabuy additional info Louis Vuitton Dolabuy
Publicar un comentario