Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Norman Foster. Futuros Comúns

  • 12.11.17
  • A arquitectura de Norman Foster conseguiu repercusión e recoñecemento mundial ao usar o coñecemento técnico para prefigurar o futuro e para superar barreiras físicas ou sociais, desde as súas primeiras obras hai máis de medio século ata a actualidade.
    A Norman Foster Foundation, en colaboración co Espacio Fundación Telefónica organizou a exposición "Norman Foster. Futuros comúns", comisariada por Luis Fernández-Galiano, catedrático de Proxectos na Escola de Arquitectura da Universidade Politécnica de Madrid.
    Composta por un diálogo entre proxectos pasados, presentes e futuros, a mostra sobre Foster achega unha visión de conxunto única. En palabras do mesmo Norman, a exhibición "é unha mirada ao futuro, pero sen deixar de mirar ao pasado remoto, unha visión que nos dá continuidade. Mostra o outro lado dos proxectos que me motivan, aqueles máis pequenos que poden marcar unha gran diferenza, nos que a tecnoloxía e o imperativo social contribúen a fins sociais como a mellora do cambio climático, a igualdade, o benestar social... Son temas recorrentes ao longo da miña carreira, que teñen continuidade hoxe".

    Máis de 30 maquetas, 160 debuxos e varios audiovisuais compoñen esta exposición que reivindica a sensibilidade social do autor, o diálogo entre tradición e modernidade e reflexiona sobre a sustentabilidade e a vida das nosas cidades. 

    Espacio Fundación Telefónica, Madrid. Ata o 28 de febreiro de 2018.
    Artigo recente de Jesús Rodríguez en El País Semanal, con fotografías de Sofía Moro: "Norman Foster, el zurdo tenaz". 
    Entrevista a Norman Foster sobre a exposición: Youtube.

    Fotografías:
    1.- Retrato de Norman Foster. Copyright Norman Foster Foundation.
    2.- Imaxe da exposición.
    3.- Apple Park. Copyright Foster + Partners.
    4.- Mexico City Airport. Copyright Norman Foster Foundation.
    5.- Château Margaux.Copyright Nigel Young _ Foster + Partners.
    5.- Habitáculos lunares. Copyright Foster + Partners.

    Retrato de Norman Foster Norman Foster_Futuros Comunes Apple Park (2010-2017)_Copyright Foster+Partners Mexico City Airport (2014)_Copyright The Norman Foster Foundation Château Margaux (2009-2015)_Copyright Nigel Young_Foster+Partners Habitáculos lunares(2009-)_ Copyright Foster+Partners
    Real Time Web Analytics