O 7 de decembro de 2012 saían 6 trasnos e dous cans coa única premisa de unir Malpica con Fisterra pola beira do mar. Un ano máis tarde creouse a Asociación do Camiño dos Faros. E o 27 de outubro de 2017, a Deputación da Coruña aprobou o financiamento para a homologación do sendeiro.
É moi importante o traballo desenvolvido, agora chega o momento da sinalización e da futura conservación.
A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago contribúe a promoción deste Camiño da mellor das maneiras, difundíndoo entre os seus asociados e percorrendo cada unha das etapas.
As Sisargas son un capricho da natureza, un verdadeiro paraíso ornitolóxico. Contémplanse durante moito tempo desde o monte Beo, pero tamén desde Punta Cherpa e Punta Nariga.
Despois de percorrer as praias de Beo, Ceiruga e Barizo, o corpo precisa un pouco de enerxía para ascender ao monte Nariga, cheo de rochas zoomorfas, cabalos, reptís, aves,... Na Punta Nariga está o faro máis novo do Camiño, construiuse en 1995 e ten un alcance de 22 millas.
Nesta costa hai que ir con moito ollo e colocar ben os pés, non ter présa e deleitarse coas cores da auga.
De Malpica a Niñóns, 22 quilómetros cheos de sensacións únicas.
Imaxes:
1.- Mapa
2.- Illas Sisargas, monte Beo e Punta Cherpa
3.- Praia de Beo
4.- Faro Nariga
5.- O Atlante na proa, en Punta Nariga
6.- Praias de Niñóns e Morro
7.- Fonte do cano de folla
8.- Crocus do monte Beo
8.- Crocus do monte Beo
1 comentarios:
Hermosas fotos, como siempre! Felicitaciones.
Publicar un comentario