Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Teatro Real, 200 anos

  • 25.2.18
  • En 1817, o rei Fernando VII ordena a construción dun teatro de ópera á altura dos coliseos líricos europeos. Así nace o Teatro Real de Madrid que se atopa agora inmerso na celebración do seu bicentenario e o vixésimo aniversario da súa reapertura. 
    Con motivo destas celebracións, La Fábrica publica O libro do Teatro Real, un volume que percorre a súa arquitectura, historia e os segredos dunha das principais institucións culturais españolas. 
    Desde o seu nacemento e ata a data, as paredes do teatro resistiron “incendios, demolicións, inxerencias políticas, contratempos orzamentarios, declaracións de ruína e unha guerra”, como se explica no volume.
    Ademais do prólogo de Mario Vargas Llosa e a introdución de Gregorio Marañón e Ignacio García-Belenguer, completan o libro os ensaios de Rubén Amón e Joan Matabosh, director artístico do Teatro Real, cunha dobre edición en español e en inglés.

    Imaxes:
    1.- Portada do libro editado por La Fábrica en 2017.   
    2.- Interior con público. Copyright Chema Conesa. 
    3.- Vida e morte de Marina Abramovic, 2012. Copyright Javier del Real.
    4.- Pelléas e Mélisande, 2011. Copyriht Javier del Real.

    Nas fotografías da publicación participaron tamén Jean Marie del Moral e Andrea Santolaya.

    TeatroReal_cubierta (c)Chema Conesa (c) Javier del Real - Vida y muerte de Marina Abramovic (Robert Wilson y Marina Abramovic), 2012 (c) Javier del Real - Pelléas e Melisande (Claude Debussy), 2011
    Real Time Web Analytics