Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Muíños de Sabucedo

  • 18.3.18
  • O río Vesacarballa, que entrega as súa augas ao Umia, é nestes días unha sinfonía que anticipa a primavera.
    Aí podes atopar un conxunto etnográfico de 5 muíños que explican unha parte da historia recente de Sabucedo (A Estrada, Pontevedra).
    O primeiro deles é o Serradoiro do Mestre, promovido por Francisco Regueiro Moreira, destacado mestre de Sabucedo no século pasado. A partir de 1913 foi muíño de maquía e despois serradoiro e forno de pan.
    A continuación o muíño de Pura, ou da Casa do Comercio, pertencía a unha familia que tiña comercio na parroquia.
    En terceiro lugar, o muíño das Paradas, un dos máis antigos, construído a principios do século XIX.
    Máis abaixo o muíño do Medio e finalmente o da familia dos Obelleiros.
    Este percorrido forma parte da ruta de Sabucedo e do sendeiro Codeseda - Sabucedo (PR-G 197), homologado pola Federación Galega de Montañismo.

    Imaxes
    1.- Panel da Ruta de Sabucedo.
    2.- Ponte medieval de Saramagoso (obsérvanse as canles de entrada aos muíños).
    3.- Serradoiro do Mestre (máis información na galería de Flickr).
    4.- Panel homenaxe a Francisco Regueiro.
    5.- Muíño das Paradas. 

    Panel da Ruta de Sabucedo Ponte medieval de Saramagoso _ Vesacarballa Serradoiro do Mestre Panel de Francisco Regueiro Moreira, mestre de Sabucedo Muíño das Paradas   (Vesacarballa - Sabucedo)
    Real Time Web Analytics