Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Cromeleque dos Almendres

  • 22.4.18
  • O Cromeleque dos Almendres é unha estrutura megalítica complexa, formada por dous recintos diacrónicos, que evolucionaron no tempo, desde a súa orixe no milenio VI a.C.
    O conxunto consta de 95 menhires, colocados en posicións elípticas e circulares, algúns deles con marcas xeométricas, figurativas ou astrais.
    Encóntrase a 413 metros de altitude, a uns 12 quilómetros ao poñente de Évora, no Alentejo portugués.
    Algúns dos elementos teñen que ver coa fertilidade da terra ou desenvolveron funcións máxico-relixiosas.
    A composición xeral semella un analema, coas posicións do sol nas distintas estacións do ano. 

    Imaxes:
    1.- Panel do recinto.
    2.- Imaxe de oeste a leste, con Évora no centro da imaxe. 
    3.- Menhir con gravacións.
    4.- Posición de inicio do ano, primeiro menhir pola esquerda.
    5.- Vista xeral, de norte a sur.
     

    Recinto megalítico dos Almendres Lúa, Évora e Cromeleque dos Almendres Menir dos Almendres, con gravacións Cromeleque dos Almendres - De suroeste a nordés Cromeleque dos Almendres - De norte a sur
    Real Time Web Analytics