A Asociación de Antigos Alumnos da Universidade de Santiago (Alumni USC) está de festa, rematou o Camiño dos Faros, entre Malpica e Fisterra.
Para ter a mellor vista da ría de Corme e Laxe hai que subir ao monte Castelo.
Despois de pasar polo Roncudo, percorremos as praias de Corme ata chegar a Balarés e Monte Branco, lugar idóneo para contemplar a desembocadura do Anllóns.
E xa que estamos aquí iremos ao Castro de Borneiro e ao Dolmen de Dombate, a catedral megalítica galega.
Os fermosos areais de Rebordelo e San Pedro son o mellor aperitivo para chegar a Laxe, que ten praia, faro e un porto abrigado.
A ría de Laxe e Corme supón unha experiencia única para os sentidos, o valor dunhas terras e mares cargados de maxia, tradicións e mitos.
Necesitarás dous días para facer este percorrido completo.
Unha recomendación final, alóxate e reláxate no hotel Playa de Laxe.
Máis información na web do Camiño dos Faros.
Imaxes:
1.- O Roncudo desde Punta do Cabalo.
2.- Praia da Ermida (Corme).
3.- Piraguas de Balarés.
4.- A ría de Corme e Laxe desde Monte Branco.
5.- Dolmen de Dombate.
6.- Praias de Rebordelo e San Pedro.
7.- Castro de Borneiro.
8.- Praia de Laxe.

3 comentarios:
Incomparables marcos...
Que preciosas fotos !!! Moitas grazas por compartilas
Temos un país marabilloso.
Que preciosas fotos!!! grazas por compartilas
Temos un país maravilloso!!!
Benita
Publicar un comentario