Dentro do proxecto de Camiños Naturais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación destaca o Camiño do Cantábrico, 150 quilómetros de sendeiros litorais de Ortigueira a Ribadeo, moi ben sinalizados.
Se imos de Espasante ao Barqueiro, percorremos unha costa accidentada, moi fermosa, chea de praias e cantís, sempre coa vista posta nos Aguillóns de Ortegal.
Hai unha ducia de miradoiros, cada un máis espectacular que o anterior.
Non perdas de vista Pena Furada e o embarcadoiro das Furnas, que ofrece unha paisaxe doutro planeta.
Á metade do camiño, párate uns minutos no mellor banco do mundo, en Loiba, lugar moi cotizado tamén durante a noite para observar a Vía Láctea.
Nestas terras reinou o suevo Remismundo, home de mal carácter. Cando sopra o vento, os veciños din que se escoitan os lamentos da súa muller, Hidelfrida, que saen dunha cova da serra.
Imaxes:
0.- Panel informativo
1.- Casa da Vela e Cariño
2.- Praia de Fábrega e Coitelo
3.- Praia das Furnas
4.- Areal de Esteiro
5.- Faro de Estaca de Bares
Máis fotografías na galería de Flickr.

2 comentarios:
Fermosos paraxes
Muy bonitas las fotos como siempre!!!
Publicar un comentario