A Asociación de Antigos Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC) prepara unha exposición sobre o Camiño de Inverno, de Ponferrada a Compostela.
Está patrocinada polo Xacobeo 21 (Xunta de Galicia) e conta con aportación económicas complementarias de Oca Hotels e LA GALICIANA.
Participan na mostra con obxectos propios o Ecomuseo Pazo de Arxeriz e o Museo Etnográfico Municipal de Quiroga.
Esta iniciativa está respaldada polas asociacións vinculadas ao Camiño de Inverno: El Bierzo, Valdeorras e Ribeira Sacra.
Alumni USC asumiu o reto
de plasmar nunha exposición a realidade actual do Camiño de Inverno, destacando
o traballo das persoas que contribúen ao seu desenvolvemento, con especial
atención á economía rural e social.
Poderá verse durante todo o mes de marzo no hotel Oca Puerta del Camino, de Santiago de Compostela. A inauguración está prevista para o 29 de febreiro.
Imaxes:
1.- Logotipo da exposición deseñado por Ana Cividanes.
2.- Campás de Santa María de Nogueira de Miño (Chantada). Unha das imaxes da mostra.
Máis información: elcompostelano.online (Manuel Fraga Carou).
Máis información: elcompostelano.online (Manuel Fraga Carou).
1 comentarios:
It's a really unique and informative article. Great work! Much appreciated, keep posting many more…. I added it to my bookmark website list and will be checking back in the near future ..... Best Massage Chair
Publicar un comentario