Panorámica Laxe da Moa (cabeceira) Mirada / Gaze Mirada / Gaze Panorámica faro Collendo auga Retratos de Jorge Fuembuena (Plaza Matadero Madrid) Fervenza de Segade (Caldas de Reis) Aceite Arbequina. Aceites Abril Expo Camelia Fonseca Escaleira helicoidal de Bonaval (Domingo de Andrade) - 3 Greas da Groba 4 Catedral de Santiago. Nadal 2012. Posta de sol. Fervenza do Ézaro.

Fontes do río Sil

  • 25.6.24
  • Se vas de Ponferrada a Babia levas sempre o Sil á túa beira, ata que chegas á ponte das Palomas. Alí hai 20 millóns de anos o Bierzo sufriu unha serie de cambios tectónicos que permitiron a captura dos regos da cabeceira do río Luna. De xeito parello o regueiro que baixa pola Cueta converteuse na fonte do Sil, co seu nacedoiro nas abas de Pena Orniz.

    A esta lección de xeoloxía súmase outro agasallo da flora, a Saxifraga babiana, que medra en matogueiras entre as rochas calizas. A súa forma compacta, xunto coas súa follas pequenas e carnosas, impide a desecación excesiva e supón unha defensa adicional contra o frío.

    Nuns poucos quilómetros cadrados entre Babia e Somiedo podes atopar máis de 70 cumios cunha altura superior aos 2.000 metros, é o territorio ideal para os rebecos.

    Conta con 3 horas para ir da Cueta á Pena Orniz, pasando por Covalancha. Alí arriba asistirás atónito a unha sinfonía de 360 graos, podes dar varias voltas e identificar as Ubiñas, Cervata, Albos, Pena Chana, Calabazosa... E non perdas a ocasión de coñecer a Lagoa das Verdes, protexida polo Montihuero. O ideal é saír de Torre de Babia e deixar que a natureza te inunde coa súa enerxía. Chegarás a un lugar telúrico.

    E se buscas un sitio con persoas encantadoras alóxate no Aposento de Babia, en Quintanilla.

    Imaxes:

    1.- Río Sil na ponte das Palomas.

    2.- Saxifraga babiana no lago Calabazosa.

    3.- Las Morteras dende La Cueta.

    4.- Covalancha.

    5.- Androsea villosa.

    6.- Pena Orniz dende Cuetalbo.

    7.- Panorámica dende Pena Orniz.

    8.- Musgos do nacedoiro do Sil.

    9.- Espadaña do Montihuero e Agulla das Coloradas custodiando a Lagoa das Verdes.

    Para coñecer a vida microscópica das Fontes do Sil consulta as imaxes e textos de Antonio Guillén e do seu "PROYECTO AGUA".

    Río Sil desde el puente de Las Palomas Saxifraga babiana Río Sil + Las Morteras Covalancha Androsace villosa. Covalancha Peña Orniz desde Cuetalbo Panorámica de Torre Orniz a Calabazosa, desde Peña Orniz Musgos do nacedoiro do río Sil Espadaña del Montihuero y Aguja de las Coloradas custodiando la Laguna de Las Verdes

    0 comentarios:

    Real Time Web Analytics